jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

A Xunta fará un proxecto para mellorar a rede de abastecemento de Baralla

Mato y González Capón, durante la reunión.
Mato y González Capón, durante la reunión.
O alcalde espera o apoio do Goberno galego a reformas na depuradora e no sistema de bombeo

A Xunta, a través de Augas de Galicia, fará en breve un estudo das necesidades da rede de abastecemento de Baralla co fin de redactar un proxecto para mellorar ese servizo. Así llo trasladou o mércores a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao alcalde, Manuel González Capón, quen espera que, tras estas tarefas previas, o Goberno galego sufrague as obras, que incluirían a mellora da estación depuradora.

Na súa reunión con Mato, o rexedor explicoulle as deficiencias que presenta na actualidade a traída da capital municipal, na que a auga chega turbia aos negocios e ás vivendas particulares cando hai fortes precipitacións, un problema que en varias ocasións xa denunciou a oposición.

González Capón indicou á conselleira que para acabar con esas deficiencias é preciso acometer melloras na depuradora e tamén reformar o sistema de bombeo da auga desde a captación, situada no río Neira.

«A semana que vén virán xa a Baralla vos técnicos de Augas de Galicia para empezar con ese estudo», felicitouse o alcalde, quen espera que eses traballos se realicen con celeridade para, a continuación, asinar un convenio coa Xunta para que financie as obras.

A intención do goberno local é que esas melloras empecen a executarse «este mesmo ano, porque é urxente acabar con eses problemas coa auga».

A Xunta fará un proxecto para mellorar a rede de abastecemento de...
Comentarios