A Xunta destina 180.000 euros ao taller de emprego dos Ancares

Os portavoces do PP de Becerreá, Cervantes, Navia e Pedrafita agradeceron a Conde "o compromiso coa montaña lucense"
Francisco Conde, ante los cuatro portavoces del PP
photo_camera Francisco Conde, ante los cuatro portavoces del PP

Os portavoces do Partido Popular dos municipios de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Becerreá agradeceron o martes ao conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde, os 180.000 euros destinados pola Xunta a financiar a escola taller dos Ancares.

Os responsables do PP destacaron que "mellorará a cualificación laboral das persoas desempregadas", co claro obxectivo de "ofrecerlles maiores posibilidades de inserción no mercado laboral". Ademais, subliñaron a responsabilidade da Xunta de Galicia, entre outras cousas, "por xerar emprego, riqueza e favorecer o desenvolvemento económico da montaña lucense". A vintena de desempregados que formarán parte destas actividades de formación laboral levarán a cabo obras relacionadas coa rehabilitación e mellora das infraestruturas públicas e dos espazos ambientais.

CURRÍCULUM. Os catro portavoces tamén recordaron que esta será unha boa oportunidade para "ampliar coñecementos nalgunha actividade profesional", e de paso, para "mellorar o seu currículo", realizando un traballo que, destacaron, será "remunerado". Logo de participar nestes talleres de emprego, entregaránselles uns certificados de profesionalidade, que os populares cualificaron de "fundamentais para atopar emprego en calquera lugar hoxe en día".

En total, para a provincia de Lugo, desenvolveranse 19 ‘obradoiros’ para desempregados, en 51 concellos distintos. Para iso, o Executivo autonómico destinará algo máis de tres millóns de euros, unha cantidade superior á investida o ano pasado para a mesma materia. Tamén se incrementa o número de beneficiarios destas medidas, 600, cen persoas máis que no 2015.

Comentarios