A Xunta apoia con case 60.000 euros os plans de igualdade e conciliación de 5 concellos

Destina máis de 50.000 euros ao CIM de Vilalba e aos Puntos de Información de Abadín e A Pastoriza. Guitiriz e Xermade custearon con estas axudas a realización de campamentos durante as vacacións escolares

A Xunta de Galicia acaba de facer públicas as subvencións concedidas en 2015 a través da Secretaría Xeral de Igualdade a unha serie de municipios para promover a igualdade e fomentar medidas de conciliación.

Entre os concellos beneficiarios figuran cinco chairegos -Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Guitiriz e Xermade- cuxas axudas roldan os 60.000 euros en total. Vilalba, e máis concretamente o Centro de Información á Muller (CIM), que dirixe Ana Berta Pardo, é o que percibe a maior achega económica da zona, fixada en 28.998,1 euros. Estes fondos destínanse basicamente ao mantemento do servizo, é dicir, a custear os gastos de persoal, mentres que o programa de actividades que desenvolven realízase con fondos municipais.

Entre as súas propostas ao longo do ano figuran conmemoracións de días específicos, como o 8 de marzo e o 25 de novembro, exposicións, cursos, conferencias ou talleres, estes últimos principalmente nos centros educativos.

Pola súa banda, os municipios de Abadín e A Pastoriza están integrados na subvención conxunta outorgada ao Concello de Mondoñedo, na que tamén se inclúe Riotorto e que ascende a 22.201 euros, igualmente concedida para gastos de persoal. A psicóloga Carmen Rei é a directora do CIM mindoniense, e tamén a que acode ao momento de información pastoricense unha vez cada 15 días, un servizo que se completa con actividades acordadas co Concello, como charlas nos centros educativos. En Abadín, tamén se presta servizo psicolóxico, aínda que unha vez á semana, e ademais desde o CIM coordínanse os talleres de memoria, nos que participan máis de 30 persoas, impártense charlas e, unha vez ao mes, é a avogada do CIM a que acode para ofrecer asesoramento xurídico.

CAMPAMENTOS. Paralelamente ao apoio económico aos Centros de Información á Muller, a Xunta de Galicia resolveu tamén as axudas para a posta en marcha de programas de fomento de conciliación, capítulo do que se beneficiaron os municipios de Guitiriz e de Xermade, que teñen concedidas sendas subvenciones de 5.962,88 e 1.670,66 euros, respectivamente.

A educadora familiar de Guitiriz, Rocío Fanego, explica que o Concello desenvolveu con cargo a esta axuda o programa Concilia durante o verán. «Foi unha actividade cunha duración de case dous meses na que participaron nenos e nenas de entre tres e nove anos de idade», resume Fanego sobre unha actividade que contou con todo tipo de xogos e saídas. A educadora familiar reseña os beneficios deste plan de axudas, pero constata un problema cos prazos. "Este ano a solicitude e a xustificación desta subvención esta a ser moi complicada pola época tardía na que saíu e vos novos requisitos que se piden", exLas axudas autonómicas cobren o gasto de persoal dos CIM, que organizan talleres ou charlas e ofrecen asesoramento e asistencia Campamento de verán, en Xermade. ep 4 actualidade o progreso a chaira semana do 19 ao 25 de xaneiro de 2016 plica, precisando que cando saíu a convocatoria, as actividades xa se realizaron.

Deste feito tamén deu conta Manuela Vilaboy, educadora familiar de Xermade, Concello que tamén desenvolveu as actividades sufragadas pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do programa Xermade Concilia, no que se incluíron os campamentos infantís de Entroido e de verán. Un total de 35 nenos, de tres a 14 anos, participaron no Entroido, na Xincana dá Igualdade, ademais de gozar doutros xogos, mentres que o campamento de verán desenvolveuse do 3 ao 14 de agosto e contou con 55 participantes, tanto de Xermade como doutros municipios, que gozaron de viaxes, talleres ou charlas con 28 veciños da zona.

XENERAL. En total, a Xunta destinou en 2015 647.479 euros para o mantemento dos Centros de Información á Muller de Lugo e o fomento de medidas de conciliación na provincia. Así, ademais das oficinas de Vilalba e Mondoñedo, tamén recibiron apoio económico os CIM de Burela, Palas de Rei, Sarria, Lugo, Ribadeo, Viveiro, Monforte de Lemos, Chantada e Quiroga, moitos deles agrupados con outros municipios, polo que o seu servizo é supramunicipal. O Valadouro, Outeiro de Rei, Alfoz, Palas de Rei, Xove e Taboada, pola súa banda, puxeron en marcha programas de fomento de conciliación subvencionados.

Comentarios