Xove licita a construción de bancadas e beirarrúas no campo de fútbol por 95.900 euros

O Concello de Xove licita a obra de construción de bancadas e beirarrúas no campo de fútbol de adestramento municipal, tras a aprobación do proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas para a contratación por procedemento aberto e de tramitación simplificada desta actuación por parte da alcaldía. O orzamento base ascende a 95.900, 22 euros, iva incluído.

O único criterio para outorgar esta obra é a oferta económica máis vantaxosa. A documentación pode obterse en Secretaría ou Intervención do consistorio xovense ou no perfil do contratante. A data límite para acceder a estes datos é ata seis días antes do prazo para a recepción de ofertas. sempre que a solicitude se presente cunha antelación mínima de oito días respecto dese. As empresas interesadas teñen 13 días para presentarse contados desde hoxe, segundo o BOP de onte.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios