Xornada estable este domingo en Lugo con escasas precipitacións

Este domingo a situación meteorolóxica en Galicia quedará caracterizada por unha área atmosférica algo máis estable, segundo Meteogalicia, o que deixará atrás as abundantes precipitacións da borrasca deste sábado.

Así se espera unha xornada de ceo parcialmente nubrado, pero sen apenas precipitacións, soamente producirase algunha choiva illada e ocasional. 

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no extremo norte. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 12° 17°

Ferrol 12° 17°

Lugo 10° 18°

Ourense 12° 21°

Pontevedra 11° 18°

Santiago 10° 17°

Vigo 12° 19°

Comentarios