Xermolos presentará en Teo un Guieiro dedicado a Avelino Pousa Antelo

A asociación cultural Xermolos presenta manaña en Teo, ás 13.00 horas no salón de actos do consistorio, o seu Guieiro número 15, dedicado a Avelino Pousa Antelo.

A presentación contará coas intervencións dos escritores David Otero e Xosé Fernández Abella, do coordinador de Xermolos, Afonso Blanco, e dos músicos Mini e Mero. Ademais, tras este acto haberá unha mesa redonda na que se falará sobre o papel de Pousa Antelo na innovación do ensino.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios