Vivindo o soño dunha noite de verán

Una profesora maquilla a una de las alumnas (Foto: EP)
photo_camera Una profesora maquilla a una de las alumnas (Foto: EP)

Topar co teatro supuxo para os alumnos do colexio A Mercé de Sarria, segundo as súas propias palabras, «gozar da liberdade de facer calquera cousa, poder adoptar outras formas e descubrir un mundo no que sentimos felices». Non é necesario seguir escoitándoos para saber que significou para eles este descubrimento.

Da man do profesor Alejandro Robertson, o teatro chegou á Mercé en 2009, impulsado polo programa CaixaEscena, pertencente á Obra Social de La Caixa. Co fin de lograr un desenvolvemento cultural e social por parte dos alumnos, o proxecto comezaba por reunir un grupo suficiente de mozos e adaptar un texto clásico ao teatro escolar. «No noso primeiro ano eramos preto de 15 mozos e mozas de entre 12 e 16 anos, e representamos a obra de Shakespeare ‘O soño dunha noite de verán', que foi o noso primeiro reto», recorda Robertson.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios