Vilaxuste solicita un deslinde para tratar de recuperar monte

A comunidade de montes de Vilaxuste (Portomarín) reclamará á Xunta que faga un deslinde dos terreos do colectivo veciñal co fin de demostrar a propiedade dunha leira pola que pugna desde hai anos. Os comuneiros aseguran que esa parcela, de doce hectáreas, cedeuse no seu día para a construción dun xeriátrico, pero ese proxecto non chegou a materializarse e o seu promotor plantou eucaliptos neses terreos.

Os comuneiros acordaron na súa última asemblea, o fin de semana, iniciar agora eses trámites ante a Xunta para, tras eses traballos, demostrar esa titularidade veciñal e esixir a esa persoa que devolva a leira.

Na reunión, o equipo reitor da comunidade de montes, que lidera Gerardo Salvador Pardo, recibiu da anterior xunta, tras uns dous anos de reclamacións, as contas da entidade, nas que se recoñece unha débeda de 10.000 euros, orixinada sobre todo por litixios por terreos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios