Vilameá e Bogo concéntranse para pedir tamén o cesamento oficial do seu párroco

Protesta de Vilameá, este domingo. Foto: AMA
photo_camera Protesta de Vilameá, este domingo. Foto: AMA

Máis de 60 veciños das parroquias de Vilameá e Bogo, na Pontenova, efectuaron onte sendas concentracións diante das igrexas para reclamar o cesamento oficial do cura. A realización das dúas na mesma xornada debeuse a que había misa en Vilameá e xa anunciaran a outra protesta con anterioridade.

O sacerdote Xosé Ánxo Fernández non acudiu aos oficios relixiosos «nin intención tiña, porque a igrexa estaba pechada», asegura a veciñanza que reclama o seu cesamento oficial e engade que o cura dixo por Santos que non dera misa porque non lle deixaban entrar. Os veciños subliñan que iso é mentira. «Ninguén lle quitou de abrir a porta, Con el non nos imos meter, só queremos que se vaia».

Comentarios