Vilalba volve lucir o seu emblema municipal no Paseo dá Magdalena

El escudo (Foto: N. Rodríguez)
photo_camera El escudo (Foto: N. Rodríguez)

O Concello de Vilalba volve lucir o seu escudo municipal na contorna do Muíño do Rañego, un enclave emblemático do Paseo da Magdalena, onde os nove operarios que durante o último ano participaron no módulo de xardinería do taller de emprego que concluirá o próximo mes de decembro deron forma ao escudo vilalbés a través do emprego de pedras e vexetais.

A recuperación deste emblema municipal no Paseo da Magdalena contribúe a pór en valor esta contorna natural, tal e como indicou o alcalde de Vilalba, o popular Gerardo Criado, quen recordou que tanto o Muíño do Rañego como a área verde habilitada na súa contorna son o froito dos sucesivos talleres de emprego organizados na capital chairega ao longo dos últimos anos.

Criado explicou que a elaboración deste escudo municipal ocupou aos alumnos do módulo de xardinería durante as últimas tres semanas, período durante o que fixeron un traballo ben feito», sentenciou. O alcalde vilalbés avanzou, ademais, que este último taller de emprego concedido a Vilalba posibilitou a rehabilitación de vellas escolas unitarias en desuso, talles como as de San Simón da Costa ou Codesido.

Comentarios