Viaxe interactiva ao fondo do mar

Un delfín, en el puerto de Foz.
photo_camera Un delfín, en el puerto de Foz.

A organización conservacionista Oceana, en colaboración co Ministerio de Agricultura e a Fundación Biodiversidade, presentou onte un mapa interactivo de hábitats mariños, que inclúe máis de 500 localizacións de especies ameazadas e os tres tipos de hábitats mariños máis importantes de Europa como son arrecifes, coralígenos e campos de rodolitos. Estas contornas albergan numerosos organismos e son os que contan con maior protección segundo a normativa española e europea, pero «aínda carecen de medidas de xestión efectivas».

O mapa, ao que se pode acceder desde www.oceana.org, ofrece a localización exacta destes tipos de hábitats, dentro das zonas estudadas por Oceana grazas ao uso dun robot submarino.

O visor inclúe tamén avistamentos de 42 especies ameazadas que Oceana achegou ao Inventario Español de Hábitats e Especies Mariños. Entre elas atópanse golfiños mulares (tursipos truncatus), calderones comúns (globicephala melas) e grises (grampus griseus), tartarugas bobas (garetta caretta), esponxas (tethya sp. e asbestopluma hypogea), caracolas como a charonia lampas, raias (rostroraja alba) e algas como a laminaria sp.

Comentarios