Vettel triunfa en Malaisia e Alonso abandona case ao empezar

Vettel (centro) atiende en el podio a Hamilton, en presencia de Webber (Foto: EFE / Diego Azubel)
photo_camera Vettel (centro) atiende en el podio a Hamilton, en presencia de Webber (Foto: EFE / Diego Azubel)

O piloto alemán Sebastian Vettel (Red Bull), triplo campión do mundo, culminou un fin de semana de excepción co seu triunfo no Gran Premio de Malaisia de Fórmula Un, nunha carreira marcada polo temperán abandono do español Fernando Alonso (Ferrari) na segunda volta.

 Vettel foi o mellor tras as 56 voltas que se deron ao trazado de Sepang -de 5.543 metros-, para completar un percorrido de 310,408 quilómetros e gañou por diante do seu compañeiro de equipo, o australiano Mark Webber, que foi segundo, e do inglés Lewis Hamilton (Mercedes), que tamén subiu ao podio, ao finalizar terceiro.

 O piloto de Red Bull, de 25 anos, gañador en Malaisia en 2011, logrou o seu vixésimo sétima vitoria en Fórmula Un logo de saír na 'pole' e completar o percorrido nunha hora, 38 minutos, 56 segundos e 861 milésimas, cunha vantaxe de catro segundos e 298 décimas sobre Webber, que arrincara quinto.

 O alemán Nico Rosberg (Mercedes) e o brasileiro Felipe Massa (Ferrari) finalizaron cuarto e quinto respectivamente, por diante dos Lotus de Romain Grosjean e de Kimi Raikkonen, gañador este último do Gran Premio de Australia o pasado fin de semana.

 A carreira estivo marcada polo temperán abandono do español Fernando Alonso (Ferrari), que non chegou a completar a segunda volta.

 No seu gran premio número 200 desde a súa chegada á Fórmula Un, de man da escuadra Minardi en 2001, o asturiano, que hoxe saía desde a segunda fila, viu como un leve toque con Vettel saíndo da primeira curva e entrando na segunda danou o seu alerón dianteiro.  A pesar de intentar continuar, o alerón do gañador en Sepang en 2005, 2007 e 2012 saltou polo aire na recta de meta, o que o forzou a abandonar cando marchaba terceiro.

comentarios