Os venres toca tarde de bingo en Albertia Lugo

Bingo en Albertia Lugo.EP
photo_camera Bingo en Albertia Lugo.EP

NA RESIDENCIA Albertia Lugo, un día á semana xogamos ao bingo. Para moitos dos residentes é unha das súas actividades favoritas e pola que sempre preguntan. Na tarde dos venres, unha vez que todos e todas colocámonos nos nosos sitios, comezamos a repartir os cartóns e as fichas para marcar os números. A animadora sociocultural, sempre coa axuda voluntaria dalgunha das residentes, vai virando o bombo e cantando os números. Todos e todas están moi atentos, xa que non se queren perder ningún para ser o primeiro en gritar "¡bingo!". Unha vez que o afortunado ou a afortunada canta bingo, entrégaselle un pequeno obsequio por parte do centro.

NON SÓ XOGO. O bingo é unha actividade lúdica moi entretida, que permite ter a mente distraída á vez que se fai un uso positivo do tempo libre. Este xogo ten numerosos beneficios a nivel social, como axudar a aumentar a autoestima, previr o illamento social, promover as relacións co resto dos compañeiros e compañeiras de grupo e relaxarse nun momento de diversión.

Doutra banda, tamén ten beneficios a nivel cognitivo e físico, xa que promove a coordinación das mans e da vista, mellora a atención, a concentración e o tempo de reacción. Ademais, o bingo axuda a repasar a linguaxe matemática, retendo os diferentes números que se van cantando.

Como se pode observar, ademais de ser unha das actividades estrela do centro, achega numerosos beneficios ao benestar xeral dos residentes, así que temos que recordar que non podemos perdernos a nosa sesión de bingo de cada venres.

Comentarios