Este venres chegan as nubes a Galicia

 As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso
cielos con intervalos nubosos y precipitaciones intermitentes. ALBA SOTELO
photo_camera Nubes. ALBA SOTELO

Aínda estando baixo influencia anticiclónica, durante o venres unha fronte pouco activa chegará ao norte e leste de Galicia. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes nas provincias da Coruña e Lugo, onde se rexistrarán precipitacións máis probables canto máis ao norte e que poderán ser de neve en cotas arredor dos 1100 m.

Na metade sur comezaremos a xornada cos ceos despexados e co avance da mañá quedaremos con alternancia de nubes e claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral, fortes no litoral norte e nas zonas altas.

meteogalicia

Comentarios