lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Venres asollado con máximas roldando os 20 graos

A previsión para este venres. METEOGALICIA
A previsión para este venres. METEOGALICIA
As temperaturas oscilarán en Lugo desde os 0 graos aos 18 

O venres continuaremos con influencia das altas presións, co anticiclón situado ao norte da península. Así, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, con formación de xeadas no interior e as máximas ascenderán, especialmente na metade norte.

O vento soprará frouxo de compoñente sur en xeral e de compoñente este moderado no litoral norte.

Estas son as temperaturas extremas previstas nas principais cidades:

A Coruña 7°/19°; Ferrol 5°/20°; Lugo 0°/18°; Ourense 4°/22°; Pontevedra 7°/22°; Santiago de Compostela 4°/18°; Vigo 10° 23°

Venres asollado con máximas roldando os 20 graos
comentarios