Vendidas máis de tres toneladas de cereixas na décima feira de Belesar

A asociación chantadina organizadora da cita considera que foi a mellor das nove edicións anteriores
Asistentes y vendedores en la feria de la cereza
photo_camera Asistentes y vendedores en la feria de la cereza

Máis de tres toneladas de cereixas da comarca chantadina vendéronse este fin de semana en Belesar, unha localidade situado a beiras do río Miño, entre os municipios do Saviñao e Chantada, con motivo da celebración da décima edición da feira que ten como fin exaltar a calidade deste froito.

O evento contou con máis produtores do previsto, pois se esperaba que acudisen doce e ao final fixérono vinte, procedentes dos lugares de Santiago de Arriba, Cartemil, A Sariña, Belesar e San Pedro de Líncora, que puxeron á venda o quilogramo de cereixa a cinco euros.

Os organizadores do feiral, que por segundo ano consecutivo son os integrantes da asociación Papeiros e Rabudos, que preside Francisco Varela Montes, non dubidaron de cualificar o encontro de "un ferión, o mellor de todos os celebrados con moita diferenza".

Comentarios