Vinte construtores acordan iniciar querelas polo parón urbanístico

Manuel Villamarín. (Foto: AMA)
photo_camera Manuel Villamarín. (Foto: AMA)

A recente sentenza pola que o Tribunal Supremo declara nulas de pleno dereito as normas impostas pola Xunta en Barreiros en 2007 -que ocasionaron o parón urbanístico da localidade-, levou onte aos construtores afectados a reunirse no municipio. Vinte persoas, que representaban a 18 empresas prexudicadas, acordaron iniciar os trámites legais para esixir reclamacións polos danos derivados dunha normativa que acaba de ser anulada.

«Ímonos a querellar, imos á guerra, porque moitos de nós neste sector quedamos como cadáveres sen enterrar», así de taxativo mostrábase o presidente da Asociación de Promotores de Barreiros (Aprobar), Manuel Villamarín. Non en balde, de 40 empresas do ramo que había en 2006, agora apenas «quedan 20», sinala, xa que «un 80 ó 90% dos negocios da construción crebaron por culpa daquela arbitraria paralización». Villamarín engade que o gran dano que causou a modificación urbanística foi «a perda de entre 8.000 e 10.000 postos de traballo, en virtude duns estudos que se fixeron e que determinan que cada vivenda xera uns catro empregos directos e indirectos».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios