Vecinos de Louzarela critican as obras da estrada do Poio ao Courel

Vecinos de Louzarela, en Pedrafita, critican o resultado das obras de mellora da estrada que une O Poio co límite do Courel e Samos. Consideran que a capa de firme é demasiado fina nalgúns puntos, polo que temen que non pase do inverno.

Esta estrada depende da Deputación Provincial, quen encargou a obra á empresa Acogal, de Quiroga, que xa terminou os traballos.

Os usuarios deste viario consideran que o escaso grosor do firme derivará nunha deterioración moi rápida. «Vai pasar o mesmo que coa de Cervantes, que se fixo hai un ano e xa a houbo que levantar», comentan. Recordan que esta zona está sometida a intensas nevadas no inverno, que requiren o uso de maquinaria pesada.

Os veciños puxéronse en contacto co Concello para manifestar o seu descontento. Desde a administración local han solicitado o proxecto de obra para comprobar se os traballos axústanse ao plan.

Comentarios