Vecinos de Duquesa de Alba critican a colocación de barras de pubs na rúa

Basura en la calle, cerca de mediodía, tras una noche de las fiestas. (Foto: T..P.)
photo_camera Basura en la calle, cerca de mediodía, tras una noche de las fiestas. (Foto: T..P.)

Vecinos da Rúa Duquesa de Alba de Monforte, onde se concentra a maior parte de pubs da cidade, denuncian a instalación de mostradores en varias zonas da rúa por parte de hostaleiros. Ante a situación, axentes da Policía Local obrigaron aos propietarios a que as retirasen, pois non dispuñan do permiso municipal correspondente. Os veciños recoñecen que foron eliminadas as barras da rúa, pero que no seu lugar varios hostaleiros optaron por polas nos soportais. O alcalde matizou que esa zona é propiedade privada.

Severino Rodríguez, rexedor monfortino, engadiu que antes de comezar as festas patronais, hostaleiros da zona solicitaron permiso para pór mesas, mostradores e cadeiras na rúa, «pero non se concedeu, como xa se fixo o ano pasado, porque causan considerables molestias á veciñanza. Xa chega dabondo coa intensa actividade que teñen os locais nocturnos durante as festas, e que perxudica ós veciños, como para permitir instalacións externas, que dan lugar a moito máis ruído», manifestou.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios