miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Vecinos de Castroverde estudan vías diversas para aproveitar o monte

Asamblea celebrada en el recinto ferial de Castroverde
Asamblea celebrada en el recinto ferial de Castroverde
Queren mellorar a comercialización e avanzar na certificación, na extracción de resina e outros produtos

A Asociación de Produtores dos Montes de Castroverde (APM-Castroverde) propúxose mellorar a formación dos seus membros en todos os aspectos que permitan optimizar o aproveitamento das súas terras.

Este colectivo agrupa a uns 500 propietarios de montes de Castroverde, que inicialmente se uniron para mostrar o seu desacordo co decreto que prepara a Xunta para limitar a plantación de eucalipto e que, na súa opinión, "deixa Castroverde na segunda división da produción forestal".

Este foi o tema que centrou a asemblea que celebraron este domingo no campo da feira. Aínda que a prohibición de plantar eucalipto segue sendo a súa principal preocupación, o secretario da asociación, Manuel Marey, precisou que traballan tamén noutros ámbitos, como a comercialización ou a formación. "Tivemos contactos con Ence para buscar acordos de comercialización de piñeiro e eucalipto e queremos falar con máis empresas", explica.

Estudan tamén a posibilidade de organizar xornadas sobre certificación forestal, para dar a coñecer os beneficios desta xestión, ademais de cursos de aproveitamento de resinas ou outro tipo de produtos que ofrece o monte, como as castañas. "O monte ten futuro, pero hai que estar activo, ver o que se pode aproveitar e traballalo", indica Manuel Marey.

Vecinos de Castroverde estudan vías diversas para aproveitar o monte
comentarios