Veciños de 42 concellos de Lugo xa poden pedir axudas para ver a TDT

A Xunta de Galicia abriu este sábado o prazo para solicitar axudas para equipamentos de recepción da TDT vía satélite nos concellos incluídos no programa de desenvolvemento rural sostible na comunidade. Estas axudas beneficiarán, segundo o Goberno autonómico, a unhas 3.000 familias de 78 concellos do interior de Lugo e Ourense.

A subvención será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta de Galicia e as familias terán de prazo ata o 30 de setembro.

Para ser beneficiario, segundo informou a Xunta, o interesado deberá presentar a súa solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que foron seleccionadas para este réxime de axudas. A relación de entidades colaboradoras pode atoparse no enderezo da internet da Secretaría Xeral de Medios na súa epígrafe axudas. Tamén pode consultarse telefonicamente no número 981544234, a través deste correo electrónico ou presencialmente nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios-Edificio Administrativo San Caetano-Santiago de Compostela.

Este programa de axudas é posible grazas ao convenio asinado entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das actuacións incluídas nos plans de zona das súas áreas rurais que, por parte da Xunta de Galicia, coordina Agader.

O Goberno autonómico prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total de máis de 800.000 euros e beneficiará arredor de 3.000 familias de 42 concellos do interior de Lugo e 36 de Ourense.

As zonas nas que os veciños se poden beneficiar destas axudas son as que figuran no seguinte mapa.

Comentarios