Varios talleres axudan a mellorar a vida a enfermos de alzhéimer

Exposición de objetos realizados por enfermos de alzhéimer. (Foto: AMA)
photo_camera Exposición de objetos realizados por enfermos de alzhéimer. (Foto: AMA)

A Asociación de Familiares de Enfermos Alzhéimer (Afa) de Viveiro iniciará en breve talleres de estimulación cognitiva destinados a enfermos de alzhéimer e outras demencias. Esta atención prestarase na planta baixa dos claustros de San Francisco e será en horario de tarde, entre as catro e as sete, de luns a venres. Trátase dos mesmos talleres que ata o momento desenvolvíanse nas dependencias da Cruz Vermella.

Os talleres trasládanse agora a San Francisco en virtude do acordo ao que chegou Afa co Concello vivariense, que lle cede un par de dependencias e o ximnasio para que leve a cabo este labor. Só resta retirar o material do arquivo e trasladar o mobiliario e o material con que se fan. As persoas interesadas deben apuntarse chamando ao número de teléfono 616.60.69.86, ou ben a través do correo [email protected] O colectivo agradece ao Concello e á Deputación o seu apoio para seguir adiante.

Consiga AQUÍ a información completa

comentarios