Varios colectivos ponteses esixen a reactivación da comisión de patrimonio local

A Plataforma na Defensa do Patrimonio pontés e a asociación de estudos históricos e sociais Hume solicitan a reactivación da comisión de patrimonio local, creada o ano pasado co fin de potenciar e promover a protección dos recursos patrimoniais na localidade.

Os dous colectivos ponteses, que subliñan a necesidade de continuar coas reunións da recentemente creada comisión, presentaron a súa solicitude conxunta esta semana no rexistro do Concello.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios