Varias colmeas esnaquizadas indican o paso dun oso por un barrio de Pol

ELP2707P31F1.JPG
photo_camera ELP2707P31F1.JPG

Os habitantes do barrio do Candal, na parroquia polense de San Martiño de Lúa, atopáronse na xornada do mércores co estraño suceso de que as colmeas dun dos seus veciños foran esnaquizadas, dunha forma que todo fai indicar que o autor dos danos non foi outro que un oso.

O curioso do suceso é que se trata dunha zona na que aínda nunca fora avistado un plantígrado, a pesar de que os veciños recoñecen que se sabe «que anda por aí cerca», pero nas montañas dos municipios próximos de Baleira e A Fonsagrada.

«Teño 65 anos e non acordo que chegara o oso a esta zona; non nos parecía que podía chegar aquí, é algo moi estraño», explica un dos veciños do Candal, que tras ver o estado no que quedaron as tres colmeas atacadas non dubida en apuntar cara á autoría dun oso.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios