Valverde, sobre unha posible volta de Neymar: "Veremos que ocorre no futuro"

O adestrador asegura que esa posibilidade sería "un dobre salto mortal con tirabuzón"
Ernesto Valverde, en rueda de prensa
photo_camera Ernesto Valverde, en rueda de prensa

O adestrador do Barcelona, Ernesto Valverde, referiuse este luns, na rolda de prensa previa ao encontro de Liga de Campións fronte ao Olympiacos, a unha posible volta do brasileiro Neymar, para a que avoga por esperar ao "futuro".

"Unha volta de Neymar? Sería un dobre salto mortal con tirabuzón. Xa veremos que ocorre no futuro. Pero de supostos non me gusta falar", asegurou Valverde.

Unha pregunta propiciada pola visita esta fin de semana de Neymar aos seus excompañeiros do Barcelona.

Comentarios