Uxía López será operada para ter unha man definitiva aos 18 anos

La pequeña, en brazos de su padre, en uno de los últimos viajes para estudiar su intervención. (Foto. AEP)
photo_camera La pequeña, en brazos de su padre, en uno de los últimos viajes para estudiar su intervención. (Foto. AEP)

A pequena Uxía López Cobo non poderá someterse á cirurxía para ter a súa man definitiva ata que cumpra 18 anos. Con todo, nas próximas semanas viaxará de novo a Barcelona para que lle sexa implantada unha prótese funcional que supón unha evolución sobre a que ten na actualidade e permitiralle realizar determinadas funcións como a prensil.

A familia de Uxía López atópase estes días en Quiroga, onde reside habitualmente, logo de viaxar a Valencia para acceder a unha consulta co prestixioso médico Pedro Cavadas. Este especialista confirmoulles que é posible facerlle unha reconstrución de man á pequena, que naceu sen a extremidade, con tecido da súa nai, doante compatible. Con todo, Cavadas comunicoulles que a operación non poderá realizarse ata que a nena teña 18 anos por diferentes factores, algúns de carácter médico. Por exemplo, a pequena non ten restos de boneca, polo que ese aspecto complica o proceso.

OUTRO CASO
Un sorteo para recadar fondos para Adrián

O centro de maiores de Novacaixagalicia de Monforte sorteará unha camiseta de Diego López, porteiro do Real Madrid, para colaborar cos gastos da rehabilitación do neno Adrián García Casado. O pequeno, veciño de Monforte, está a someterse a un tratamento con hormonas de crecemento para recuperarse dunha parálise cerebral que sofre desde pequeno. A súa familia e o colexio no que estuda, o Novo de Monforte, teñen en marcha unha campaña de recadación de fondos e o centro de maiores súmase á iniciativa co sorteo dunha camiseta. As persoas que queiran participar no sorteo da camiseta poden comprar unha rifa por un euro a partir do luns no centro, no colexio Novo, a librería Galaxia e a imprenta Fénix. O sorteo será o 10 de maio.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios