UU.AA. di que Tenreira Galega ampara só o 17% do potencial cárnico de Galicia

Unións Agrarias (UU.AA.) di que a Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega só ampara o 17% do potencial produtivo de carne da comunidade, algo que desde o sindicato achacan a que «non existe unha diferenciación de prezo» que premie esa aposta pola calidade.

Así o indicou onte o secretario de agricultura e producións extensivas de UU.AA., José Ramón González, que rexeitou o balance triunfalista do presidente de Tenreira Galega, quen resaltou en días pasados que as vendas de carne eleváronse en 2012 máis dun 7% .

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios