UU. AA. alerta de que a palla e a alfalfa custan o dobre pola ausencia de choivas

Rodríguez, junto a ganaderos en la jornada celebrada ayer. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Rodríguez, junto a ganaderos en la jornada celebrada ayer. (Foto: Sebas Senande)

A falta de pasto provocada polo inverno seco provoca unha situación «complicada» para as explotacións gandeiras lucenses, xa que a necesidade de comprar palla e alfalfa case duplicou o seu prezo, e aumenta «ata 10.000 euros ao ano os custos das explotacións leiteiras e en 7.000 os das cárnicas», segundo un informe presentado por Unións Agrarias (UU.AA.) onte en Lugo.

Xosé Rodríguez, secretario de organización do sindicato, precisou que, no caso do penso, o seu custo aumentou un 21,4%. En canto á palla e a alfalfa, alcanzaron as 17 e 41 pesetas por quilo, respectivamente, co que case dobran o seu valor de 2010.

A situación afecta «sobre todo ás pequenas explotacións, xa que as subministradoras e casas de penso optan por aceptar só pedidos grandes», resaltou Rodríguez.

Destacou, ademais, que «o capital estranxeiro está tamén a empeorar a situación dos gandeiros galegos e lucenses, pois empresarios dos Emiratos Árabes están a mercar máquinas para deshidratar alfalfa e así poder especular con ela».

Outra das problemáticas que expresou Rodríguez foi a necesidade, «de cara á solicitude de PAC do ano 2014, de poder aproveitar a superficie dispoñible ao máximo», xa que, segundo o sindicato, nunha década perdéronse «20.000 hectáreas para a actividade agrícola na provincia e 100.000 non total de Galicia».

UU. AA. considera que «é evidente que as explotacións galegas precisan incrementar a súa superficie tanto para a produción forraxeira como para empregalas na declaración das axudas PAC», argumentou Rodríguez.

Biotecnoloxía

Así mesmo, ao longo da mañá de onte celebrouse no hotel Los Olmos de Lugo unha xornada sobre agricultura competitiva e sostible, facendo fincapé nos beneficios do uso da biotecnoloxía.

Comentarios