Usuarios de Aspanane de Viveiro soltaron globos polo Día Internacional da Discapacidade

O acto celebrouse diante do monumento ao náufrago de Celeiro

Un grupo de usuarios da Asociación de Pais e Nais de Nenos con Necesidades Especiais (Aspanane) de Viveiro efectuaron este venres unha solta de globos diante do monumento ao náufrago en Celeiro.

Cada globo incorpora unha mensaxe escrita por estes, así como información de contacto da entidade para que os posibles receptores poidan responder. O obxectivo da actividade é establecer lazos entre os usuarios de Aspanane e a poboación da zona para favorecer así a visualización deste tema.

Comentarios