Urbaser limpa arreo e di que hai traballadores que abandonan a folga

ELP1307P4F3.JPG
photo_camera ELP1307P4F3.JPG

Urbaser iniciou onte unha xornada intensiva e ininterrompida de traballo para completar a limpeza de todos os puntos de alerta sanitaria esixida polo Concello ante a ameaza da retirada temporal da concesión. Na xornada de onte eran 51 puntos, parte deles concentrados en 18 rúas ao completo.

Para facer fronte á tarefa, a firma recorreu de novo a persoal doutros centros de traballo, trasladado a Lugo ex profeso para a maratoniana limpeza do fin de semana. Ademais, utilizou os vehículos da cidade e algúns outros traídos desde outros puntos, ata formar convois de camións de carga lateral, varredoras e limpadoras a presión, custodiados pola Policía Local.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios