A exposición está en Sarria ata outubro

Uns 40 artistas mostran a súa visión da ruta xacobea na antiga prisión de Sarria

As obras plasman o Camiño desde o punto de vista da espiritualidade, a relixiosidade ou a natureza
Visitantes y artistas, durante la inauguración de la exposición en la antigua prisión
photo_camera Visitantes y artistas, durante la inauguración de la exposición en la antigua prisión

Un total de 41 artistas mostran desde este sábado na antiga prisión comarcal de Sarria a súa visión da ruta xacobea. A exposición, organizada pola concellaría de cultura, leva por título ‘Ultreia, bo Camiño’. 

A mostra comprende esculturas, instalacións, fotografías e óleos. Nas obras os artistas plasman a súa visión sobre o itinerario e os traballos están acompañados polas súas reflexións. "Eran obras que eles xa tiñan feitas e que elixiron para representar a idea que cada un deles ten do Camiño. Teremos polo tanto a oportunidade de poder reflexionar sobre que é o Camiño a través da súa visión", explicou a comisaria da mostra, Cristina Carballedo. 

Representaron a ruta desde o punto de vista da espiritualidade, a relixiosidade ou a natureza. Segundo apuntou, os temas elixidos polos artistas son moi variados, a natureza como eixo do Camiño, as pedras da ruta, a literatura antiga, a frecha creada polo sacerdote Elías Valiña Sampedro ou os propios peregrinos. 

"Eran obras que eles xa tiñan feitas e que elixiron para representar a idea que cada un deles ten do Camiño", Cristina Carballedo

Con esta exposición búscase reivindicar a importancia da ruta xacobea, apuntou a comisaria durante a inauguración da mostra. Esta contou coa asistencia de varios dos artistas, así como de numeroso público. 

PARTICIPANTES. Esta exposición ten unha importante representación de profesionais de orixe sarriá, como son Violeta Bernardo, Mercedes Freixo, Ana Miranda, Poy, Verónica Quintela, Machús Segade, Limeres e Toño de López. 

O resto de artistas participantes, procedentes de toda a comunidade galega e son: Álvaro de la Vega, María Quiroga, Jorge Agra, Óscar Aldonza, Isabel Alonso, Ramón Conde, Xaquín Chaves, Luís das Cuevas, Jorge Espiral, Joaquín García Gesto, Dolores Guerrero, Honorio, Lomarti, J. Méndez, Baldomero Moreiras, Francisco Pazos, Pena Romay, Fernando Pereira e Noa Persán. 

Tamén expoñen as súas obras Baldo Ramos, Marcos Real, Xermán Refojo, Alfonso Rivero de Aguilar, Andreas Ruíz, Vicente Ruíz Soldevilla, Leandro Sánchez, Xullo Sanjurjo, Peter Schneider, Camilo Seira, Tareixa Taboada, Mila Vázquez, Veiras Manteiga e Xoán Vila.

comentarios