Unhas 20.000 persoas sofren en Galicia dano cerebral adquirido

Esta patoloxía representa a terceira causa de morte na poboación española e a primeira entre as mulleres
Curso sobre daño cerebral en el Hula
photo_camera Curso sobre daño cerebral en el Hula

Máis de 400.000 persoas sofren en España dano cerebral adquirido (DCA,) das cales case 20.000 son galegos. Esta patoloxía representa a terceira causa de morte na poboación española e a primeira entre as mulleres. É, polo tanto, unha "pandemia silenciosa" que "afecta a persoas de todo sexo e idade e que nun segundo che cambia a vida". 

Trátase, segundo explica a Plataforma Española polo DCA, dunha lesión súbita no cerebro entre cuxos orixes máis comúns figuran os ictus, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais e outras causas de carácter infeccioso. Este ano, esta organización sen ánimo de lucro que agrupa a entidades que loitan pola mellora das condicións de vida das persoas con esta enfermidade e dos seus familiares, quixo impulsar o coñecemento entre a sociedade sobre este gran descoñecido.

Por iso lanzan unha campaña este 26 de outubro con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido co fin de "sensibilizar a todos os axentes sociais e informar á poboación sobre este grave problema e a súa implicación social, que a pesar de ser a primeira causa de discapacidade, aínda é un gran descoñecido", expón a plataforma. "Porque hai que alertar sobre a falta de coñecemento e recursos especialmente polas secuelas que produce o DCA", sinalou o presidente da entidade, Víctor Sánchez.

Así, considera que "é moi necesario seguir implicando á sociedade, pedindo a colaboración dos axentes sociais e da importancia da familia para loitar con coraxe e saír adiante". "Non debemos esquecer que nos pode pasar a cada un de nós e que nun segundo a túa vida cambia", abundou.

Comentarios