Uns 200 agricultores inícianse na produción hortofrutícola ecolóxica

Un momento de la jornada, en O Courel. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Un momento de la jornada, en O Courel. (Foto: Toño Parga)

Un total de 200 agricultores e gandeiros de toda a provincia iniciaranse nos cultivos ecolóxicos de man da Deputación de Lugo. O organismo provincial iniciou no Courel unhas xornadas que teñen como obxectivo introducir as prácticas ecolóxicas no sector hortofrutícola. O programa da Deputación inclúe charlas de carácter formativo, sesións prácticas, manuais e entrevistas con produtores ecolóxicos para os veciños que estean dispostos a asumir o reto.

O Courel acolleu onte a primeira actividade na que interviñeron un técnico de Unións Agrarias, un enxeñeiro da cooperativa Ullama da Estrada, o produtor Edmundo Maseda, que cultiva en réxime ecolóxico desde hai dez anos no Valadouro; e un técnico que abordou a xestión de envases de produtos fitosanitarios. A xornada concluíu cunha mesa redonda na que os asistentes puideron formular as súas dúbidas e preguntas.

As seguintes convocatorias desenvolveranse mañá, na Fonsagrada; o luns, en Vilalba e o martes, en Cervantes. A cada unha das sesións poden asistir medio centenar de persoas e por exemplo, no Courel acabáronse as prazas. Ademais, para pechar o ciclo formativo, o 5 de xuño terá lugar unha actividade de carácter práctico na propia explotación hortofrutícola de Edmundo Maseda.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios