A universidade chega ó rural de Barreiros

As vellas escolas de Celeiro de Mariñaos Acolleron onte a clausura do primeiro curso da Universidade Rural de Barreiros de Ollomao (Foto: Antonio López)
photo_camera As vellas escolas de Celeiro de Mariñaos Acolleron onte a clausura do primeiro curso da Universidade Rural de Barreiros de Ollomao (Foto: Antonio López)

Este colectivo cultural fixo posible que catedráticos e especialistas viñeran aos pobos a ensinar durante un semestre a cen veciños das aldeas, materias coma o dereito, enxeñaría agrícola ou ciencias da saúde.

hai quen pensará: «Á miña idade, se nen sequera fun á escola, que vou aprender agora? Quen vai vir á miña aldeíña a ensinarme? Para iso hai que ter cartos e desprazarse ata ás vilas para poder ir a algunha clase». Na Mariña, grazas á asociación cultural barreirense Ollomao, esas trabas rompéronse. Dá igual a idade ou a formación que se teña, só conta a vontade e o interese. Nunca é tarde para aprender cousas novas, sobre todo as que nos van axudar no día a día, como por exemplo, os dereitos dos consumidores ou os trámites das herdanzas. E non fai falta saír da casa, porque son os catedráticos e os especialistas os que veñen ó pobo a ensinar.

Nas escolas barreirenses de Celeiro de Mariñaos clausurouse onte a pioneira iniciativa da Universidade Rural de Barreiros, organizada polo colectivo Ollomao. Case cen alumnos foron a clase, alomenos unha vez por semana, dende outubro e ata comezos deste ano, para aprender distintas materias da man de especialistas, coma o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, natural de San Xusto, Antonio López, que pode chegar a ser rector da Universidade de Santiago de Compostela tralas vindeiras eleccións do mes de maio.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios