Unifoz presentou o seu programa político en Fazouro ante a presenza de máis de 200 veciños

A nova formación política Unifoz presentou o seu programa político en Fazouro, onde José María Linares, Ana López e Jaime Cancio estiveron arroupados por máis de 200 veciños.

A formación política puxo a fazouro como exemplo de referencia turística, sobre todo pola súa beleza paisaxística, polo que expuxo o seu compromiso por unha política de conservación «máis comprometida». Unifoz considera que esta parroquia é todo un motor de emprego por mor das instalacións do polígono industrial, polo cal considera necesarias «políticas de axuda e estimula para a creación de emprego». Previamente a formación mantivera un encontro coa asociación de veciños de Fazouro, na que recolleron as súas principais inquietudes e as súas propostas de futuro. Posteriormente houbo unha rolda de preguntas na que os seus diferentes integrantes explicaron a posición do grupo ante os temas de actualidade municipal.

A próxima cita de Unifoz levará a cabo o domingo no pavillón de Marzán. O inicio do acto está previsto ás 19.00 horas.

Comentarios