Unha tormenta esnaquiza hortas e deixa os camiños de Navia intransitables

A choiva e a saraiba azoutaron durante 50 minutos as zonas da Pobra, Vilarpandín e Savane
Tierra, piedras y ramas acumuladas por la tormenta
photo_camera Tierra, piedras y ramas acumuladas por la tormenta

Unha tormenta que descargou sobre Navia de Suarna o pasado xoves pola tarde causou graves danos. Durante uns 50 minutos, as contornas da Proba, Vilarpandín e Savane soportaron continuos ballóns de saraiba e fortes choivas que provocaron corrementos de terra e esnaquizaron por completo as hortas.

A choiva e a saraiba arruinaron as plantacións de hortalizas e patacas, e as árbores froiteiras perderon gran parte da colleita, ademais dun bo número de ramas.

Durante o tempo que durou a tormenta, a auga correu de xeito torrencial por canles e todo tipo de vías. Un gran número de camiños e varias estradas quedaron cortadas pola acumulación de terra, pedras e ramas.

Persoal do Concello de Navia traballou durante todo o día de onte para despexar os camiños, e efectivos da Deputación actuaron nunha estrada de titularidade provincial que tamén se viu afectada.

O alcalde de Navia, José Fernández, explicou que o Concello tivo que contratar unha retroescavadora para poder retirar as acumulacións de terra e pedras que impedían circular polas vías municipais.

Todos os ollos estaban pendentes onte do ceo, ante a posibilidade de que as tormentas se repitan durante estes días. No entanto, os veciños confiaban en que «como a do xoves é difícil que veñan máis, porque vos vellos de 80 anos non lembran ter visto nunca unha tan forte».

Comentarios