Unha placa recordará en Ferrol a Ignacio Echeverría

A xunta de portavoces do Concello de Ferrol acordou este a  colocación dunha placa en memoria de Ignacio Echeverría, nacido na cidade e asasinado nos recentes atentados de Londres.

O consistorio comunicou que renderá "homenaxe" ao mozo, ao que considera "vítima da barbarie e do despropósito", con este elemento distintivo, que se emprazará "nun espazo público aínda por determinar".

Ademais, valorou a súa "valentía e comportamento exemplar".

Echeverría naceu en Ferrol ao contar co centro hospitalario público de referencia nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, pero residiu na próxima vila das Pontes durante a súa infancia.

O seu pai traballou durante varios anos na central térmica de Endesa nese municipio. Ademais, cursou estudos durante ese período nunha escola infantil e o colexio da Madalena, ambos na localidade pontesa. 

Comentarios