Unha colisión deixa cinco feridos en Abadín

O estado das vítimas non reviste gravidade. A causa do sinistro permaneceu cortado o carril en sentido Oviedo da Autovía do Cantábrico

Unha colisión entre dous turismos deixaba no mediodía deste venres en Abadín un saldo de cinco feridos, aínda que o estado das vítimas non reviste gravidade. O sinistro rexistrouse sobre as 16.00 horas no quilómetro 561 da A-8 e obrigou a cortar temporalmente o carril en sentido Oviedo da Autovía do Cantábrico.

Comentarios