Unha visita con sabor a mar

Los alumnos del IES de Foz disfrutaron de un planetario.
photo_camera Los alumnos del IES de Foz disfrutaron de un planetario.

As monitoras do centro de educación ambiental Gaia acompañaron a un grupo de 50 escolares do colexio Vista Alegre de Burela, durante unha visita polo porto da localidade, na que puideron coñecer os distintos oficios dentro do mundo da pesca e facerse con coñecementos sobre a cultura mariñeira.

Os nenos de primeiro e segundo de primaria foron invitados pola confraría de pescadores local e pola delegación de medioambiente do Concello, organizadores da iniciativa. Unha vez nas dependencias do depósito, os escolares fixeron unha parada no arquivo histórico que alí se atopa e puideron ver unha presentación que explica como é un barco por dentro. As monitoras de Gaia tamén se encargaron de apuntar aos menores cales son as distintas partes das embarcacións de pesca e o funcionamento das artes coas que se captura o bonito, unha das pescas máis tradicionais que conserva a flota burelense.

A visita trasladouse despois ata a nave onde as rederas estaban a traballar nun aparello utilizado polas embarcacións do cerco. Os nenos tamén aprenderon a distinguir as distintas clases de redes e os oficios que as utilizan, así como os diferentes utensilios que son necesarios para coser e confeccionar os aparellos.

A concelleira de mar de Burela, Patricia López, explicou que o obxectivo desta iniciativa de achegar aos escolares ata o peirao é darlles a coñecer «a cultura mariñeira, os distintos oficios e a importancia de cada tarefa».

Os alumnos do IES de Foz gozaron dun planetario

Os alumnos do IES de Foz puideron gozar durante toda a semana do planetario móbil de La Caixa. A instalación permite unha inmersión total nos ambientes astronómicos máis realistas e en 3D, segundo contan os que o probaron, ademais pódese observar o universo desde diferentes perspectivas e distintas épocas.

Premios do certame de debuxo e narración de Lourenzá

O certame ‘Lourenzá, arte e historia non Camiño' repartiu os seus premios, que en categoría A (debuxo para estudantes de primaria) foron para Raúl Santor Igrexas, Antía Lillo Irimia, Lara Barroso Cabaleiro e Sandra Rodríguez López, todos do colexio Juan Rei. En categoría B (narración para alumnos de Eso) venceu Fátima Reino Reigosa.

Un centenar de persoas estiveron en Portugal con Amigos das Viaxes

Un centenar de persoas estiveron durante o fin de semana en Portugal e Salamanca da man de Amigos dás Viaxes, onde puideron coñecer as grutas de Santo Antonio e Tomar. O vindeiro domingo, ás 19.00 horas, a asociación convoca unha reunión no Cenima de Foz, coas persoas que está anotadas para participar na viaxe que realizasen aos Fiordos o dous de xullo.

A película cento por cento galega Vilamor presentouse en Cataluña

Realizadores e protagonistas da película Vilamor, algúns deles mariñáns, estiveron o Día das Letras Galegas en Cataluña. O obxectivo foi a presentación desta película con técnicos e protagonistas cento por cento galegos. Segundo contan, o filme está a cultivar un gran éxito en cada proxección e continuará en cartel en varios cines da localidade de L'Hospitalet.

O programa de Radio Valadouro ‘Parolando' recordou As Letras Galegas

O programa de Radio Valadouro ‘Parolando' organizou, con motivo dos Días das Letras Galegas, un debate para falar da posible existencia dunha arte tipicamente galego. Os invitados foron Daniel Río ‘Caxigueiro' e Xoán Guerreiro, acompañados de habituais do programa como son Matías Nicieza e Ruth Rodríguez. Tamén se entrevisto a Iria Braña gañadora do premio Parlamento Xove.

Comentarios