Unha tapería de número

A hostalería na cidade do Cabe está viva. A pesar da situación, os emprendedores continúan en ascenso, como é o caso de César Álvarez Rodríguez, un mozo hostaleiro que sempre ten na cabeza novos proxectos. O último acaba de materializarse. É a cafetería, bar e tapería 07005, un número especial para os monfortinos porque é o que principalmente se xoga na Lotería Nacional desde hai moitos anos.

O 07005 está na Rúa Hermida Balado número 14, onde antes se atopaba a tenda Milu Ventura. Logo dunha completa reforma das instalacións, con detalles como mesas feitas con troncos e outras de palés, lámpadas de cepas de 70 anos, a cafetería, bar e tapería comezou a funcionar a semana pasada con máis ilusión que quen xogan ao número da lotería que identifica o local. Neste caso, non é cuestión de sorte. Entrar no 07005 é comer os mellores produtos elaborados con profesionalidade de grandes chefs e a bo prezo.

CÉSAR ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, xerente
«Os creps, as tempuras e os sandwiches crocantes son outras das nosas especialidades»

César Álvarez Rodríguez abriu o 07005, á vez que pechaba un ciclo profesional coa Compañía. Leva no sector 13 anos. Traballou nas illas Canarias e, tras curtirse no sector, abriu a cafetería e bar Compañía, que mantivo durante os últimos seis anos con gran éxito, actividade que compaxinou un ano co establecemento hostaleiro do Campo de Golf. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios