Unha reserva a salvo do feísmo

Hórreo de Soutelo, en Riotorto (Foto: AMA)
photo_camera Hórreo de Soutelo, en Riotorto (Foto: AMA)

Os municipios galegos e asturianos integrados na asociación InterEo, que xestiona as accións incluídas na Reserva da Biosfera acaba de abrir unha liña de axudas para a corrección dos impactos ambientais e visuais no territorio que lles compete, que nesta zona son basicamente os municipios de Ribadeo, Castropol, Vegadeo, Trabada, A Pontenova e San Tirso.

O prazo para solicitar estas subvencións péchase o 15 de decembro e o Concello de Ribadeo enviará comunicacións aos veciños das parroquias para informar sobre esta posibilidade.

Este é o segundo ano no que se abren esta liña de axudas e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recordou que en 2010 esta iniciativa tivo «unha moi boa acollida entre a xente, sobre todo naquelas actuacións de correccións de impactos ambientais á hora de poder amañar casetos, cabanóns, palleiras, fornos ou hórreos».

Para este ano haberá algunhas novidades con respecto ao ano pasado. O límite máximo da subvención continuará sendo de 6.000 euros pero houbo algúns cambios nos criterios á hora de poder elevar a porcentaxe da obra que se faga que se vai a subvencionar.

Suárez Barcia explicou que para a demolición das construcións e elementos ruinosos ou que supoñan un impacto notable «a contía dá subvención poderá chegar ata o 80%, en restauración de construccións de tipo tradicional en hórreos, cabazos, palleiras… o importe dás axudas poderá chegar ata o 70%, e finalmente outras obras de corrección de impactos visuais en edificacións anexas outorgándose especial relevancia ao cambio de cubertas de fibrocemento, o que se coñece popularmente como uralita, poderán chegar ao 50%».

O rexedor subliñou que a xente que estea interesada en recibir máis información pode solicitala nas oficinas municipais ribadenses, concretamente na oficina municipal de rehabilitación.

Con respecto ao resultado destas axudas, confía en que «aínda que o momento económico non é bo, a xente anímese a aproveitar estas axudas, porque é unha pena que se perdan».

Todos os os concellos solicitan estas axudas «e se a xente de Ribadeo non as demanda, con toda seguridade irán parar a outros concellos dá Reserva».

Comentarios