Unha porta visual ao pasado de Guitiriz

Costureiras. Taller de portada
photo_camera Costureiras. Taller de portada

A Casa Habanera de Guitiriz acolle a terceira edición desta mostra de fotografías antigas promovida polo Instituto de Estudios Chairegos, que ofrece 138 imaxes que permiten recordar celebracións, traballos ou paisaxes da localidade guitiricense.

«Teño visto xente caerlle as bágoas diante dunha fotografía significativa para eles», lembra Manuel Castro Santamariña, presidente do Instituto de Estudios Chairegos. Esa reacción resume mellor que calquera explicación cal é o valor e a repercusión que teñen as exposicións de fotos antigas que o Iescha leva anos promovendo, primeiro en Vilalba e, dende o 2010, tamén en Guitiriz.

A mostra bienal ‘Tal como eramos’ acada a súa terceira edición nesta localidade chairega, novamente coa Casa Habanera como escenario, co propósito de trasladar a veciños e visitantes a un pasado próximo, xa que todas as instantáneas son do século XX, pero por momentos tamén moi afastado, ao deixar constancia de importantes cambios urbanísticos ou na paisaxe, e tamén das repercusións do progreso ou mesmo de costumes ou traballos case desaparecidos. [...]

Todas as fotografías das mostras ‘Tal como eramos’ de Guitiriz e de Vilalba recolleranse no Caderno de Estudos Chairegos

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios