Unha plataforma veciñal de Guitiriz pide reunirse con Besteiro polo xeriátrico

A plataforma veciñal Falemos Claro, de Guitiriz, solicitou oficialmente manter unha reunión co presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, para coñecer o proxecto da residencia de maiores da Casa da Botica, así como para intentar mediar para que se desbloquee esta iniciativa.

Unha comisión de catro persoas asistiría a este encontro, cuxa data está por confirmar, no que se prevé que tamén estean presentes os técnicos do ente provincial para explicar os pormenores do deseño do xeriátrico que se quere habilitar na Casa da Botica.

Unha solución que se demora case tres anos

A Deputación e o Concello de Guitiriz, cando aínda era alcaldesa Regina Polín, asinaron un convenio para converter a Casa da Botica en residencia de maiores. Polín perdeu as eleccións e o seu sucesor na cadeira de brazos de mando municipal, o popular Xosé María Teixido, descartou o proxecto por non considerar o céntrico edificio como o lugar idóneo. Desde entón, non deixaron de sucederse as polémicas entre ambas as administracións, atrasando indefinidamente unha iniciativa que noutros concellos xa é unha realidade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios