Unha persoa resulta ferida nunha caída de moto en Monforte

Unha persoa resultou ferida nunha caída de moto rexistrada na mañá deste martes en Monforte de Lemos.

O accidente, segundo informa Europa Press, produciuse sobre as 8.53 horas, na estrada de Gullade a Marcelle, dentro do termo municipal monfortino.

A caída saldouse cunha persoa ferida, que foi levada en ambulancia asistencial ao hospital de Monforte.

Comentarios