Unha película e un debate pechan en Xermade o curso de sexualidade para maiores

O visionado da ‘vida empeza hoxe', unha película que narra un curso de sexualidade para maiores, e un coloquio final pecharán as actividades dirixidas a todas as persoas que participaron o ano pasado en Xermade na Investigación sobre Sexualidade en Persoas Maiores no Medio Rural, que se realizou nas parroquias de Cazás, Roupar e Momán desde o servizo psicopedagógxco municipal.

A proxección da película realizarase primeiro na casa escola de Casavella, na parroquia de Cazás. Será o martes 28 deste mes ás 16.00 horas. Os veciños de Roupar poderán ver o filme ao día seguinte, o mércores 29, tamén ás 16.00 horas, na escola habaneira. Mentres que os veciños de Momán pecharán esta actividade o xoves, día 30. A película poderá verse ás 16.00 horas na antiga escola da parroquia, hoxe sede da Uned Sénior Terra Chá-Eume.

Comentarios