Unha pelexa con arma branca acaba con dous detidos

A Policía Local de Vigo interveu o luns nunha pelexa con arma branca na rúa García Barbón. Segundo a declaración dos axentes, os presentes nunha cafetería próxima ao lugar sinalaron a un veciño de Vigo de 24 anos cunha camiseta dun equipo de fútbol e erosións nos brazos, que intentaba fuxir e refuxiarse no portal do seu domicilio.

Ao ser interrogado polos policías, o mozo declarou nun primeiro momento que un home cunha coleta intentara cravarlle un coitelo no pescozo. Posteriormente rectificou e sinalou que intentara apuñalalo no brazo e que o motivo da pelexa fora que "todos os días ao pasar chamábao bobo".

Pola súa banda, o home da coleta acusou ao agredido de empezar el a disputa, afirmando que fora el quen se achegou cun coitelo e ameazado con matarlle. Segundo el, molestaba frecuentemente á xente na terraza dunha cafetería próxima. Esta versión foi ratificada por varias testemuñas, polo que se detivo ao primeiro.

Comentarios