Unha ordenanza regula o préstamo de material para enfermos en Foz

Una persona dependiente, de paseo por la calle. (AMA)
photo_camera Una persona dependiente, de paseo por la calle. (AMA)

A ordenanza que regula o préstamo de material para enfermos, principalmente dependentes, en Foz quedou aprobada definitivamente o saír publicada onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP) sen recibir ningunha alegación no prazo que estivo exposta ao público, tras a súa aprobación no pleno realizado o pasado 26 de abril. O alcalde focense, Javier Castiñeira, recoñeceu onte que a cesión xa funciona desde hai tempo e son varios os seus beneficiarios, pero «decidiuse facer un regulamento aconsellados polo técnico municipal de face a un posible aumento da demanda, sobre todo, para regular o acceso o material a través de baremos».

Nestes momentos o Concello dispón de catro camas articuladas con colchón plastificado e manivela de manipulación, que foron cedidas para o seu uso polo Sergas, así como cadeiras de rodas e outros equipos. Así mesmo, a lista de material dispoñible pode verse aumentada no futuro con bastóns, muletas, andadores, guindastres ou outro tipo de artigos que poidan ser comprados polo Concello ou ben cedidos por algunha administración ou particular.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios