Unha nova vida en Foz

La familia Wilson: Brandon, Carla, Laurel, Mike y Cameron.
photo_camera La familia Wilson: Brandon, Carla, Laurel, Mike y Cameron.

Unha familia inglesa atopou en Foz o lugar perfecto para empezar de novo. Logo de cinco anos na localidade seguen apostando por quedar aquí, sobre todo, porque levan unha vida tranquila e parécelles un bo lugar para que crezan os seus tres fillos.

A FAMILIA Wilson xa é unha máis en Foz. A súa historia é particular, porque deben ser das poucas familias inglesas -por non dicir a única- que está asentada na comarca e porque apostaron por este país xusto cando empezaba a xestarse a crise económica hai cinco anos. E é que as súas motivacións para vir á Mariña foron máis sentimentais que económicas e atópanse tan ben aquí, que polo momento non pensan en regresar a Inglaterra «aínda que tampouco quedarnos, a decisión tomarase sobre a marcha», asegura a nai, Carla.

Os Wilson -Mike e Carla, xunto aos seus tres fillos: Cameron, Brandon e Laurel- aterraron en Foz para facer permanente a tradición da familia de Carla de veranear cada ano na localidade. «O meu pai é de Lourenzá e desde pequena viñera a Foz a veranear, por iso cando tomamos a decisión de cambiar de vida optamos por instalarnos aquí», explica Carla nun perfecto castelán, a pesar de que para ela aínda non o é tanto: «Estou a estudar na Universidade para falar mellor».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios