A baixada de temperaturas chega logo dunha xornada de contrastes en Lugo

En Sarria as mínimas sitúanse por baixo de 1ºC e as máximas por encima de 27ºC
Fotografía desde los Ancares
photo_camera Fotografía desde los Ancares

O bo tempo acábase para lucenses. O fin de semana trae consigo unha importante baixada de temperaturas na provincia empezando pola xornada do sábado, na que se registrirán mínimas de 6ºC e máximas de 18ºC. Esta tendecia acrecentarase o domingo con mínimas de 4ºC e máximas de 12ºC, con incluso un prognóstico de precipitacións para a noite.

Este venres destacou polo seu gran contraste de temperaturas en toda a provincia. O caso que máis destaca é o de Sarria, onde se rexistraron temperaturas mínimas por baixo de 1ºC, mentres que as máximas sitúanse por encima de 27ºC.

Comentarios