Unha gran parte de Cervantes está desde o venres sen sinal de televisión

O alcalde de Cervantes, o socialista Benigno Gómez Tadín, asegura que gran parte do municipio non recibe sinal de televisión desde o pasado venres, cando se rexistrou un fallo no repetidor de Ancares.

Gómez Tadín criticou a demora no servizo de reparacións de Retegal, pois asegura que tras reiterados avisos aínda non restableceron a emisión do sinal de televisión dixital terrestre.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios